1.Animados á diversidade
https://www.youtube.com/watch?v=YGf3vF1x49Q
Este vídeo mostra que cada persoa pertence a un sexo biolóxico segundo o noso corpo, a nosa identidade de xénero non ten porqué corresponder co noso sexo biolóxico. Ademais, en canto á orientación sexual, cada un síntese atraído polo sexo que queira, que lle guste e se senta cómodo. A diversidade sexual recibe desprezo pola sociedade, está mal visto pertencer a outro sexo que non sexa co que naciches; o mesmo coa orientación sexual. O LGBTIQ debe loitar polos seus dereitos. Con este video pretendo aceptación e tolerancia acerca da diversidade sexual e a orientación sexual, sexa cal sexa a súa identidade de xénero e sexo biolóxico.
2. "In a Heartbeat - Cortometraje Gay Animado"
https://www.youtube.com/watch?v=KxqkEAXOFAE
Este vídeo consiste nun curto no cal dous nenos pequenos senten atracción entre eles. Nesta sociedade moita xente sente que está mal visto que dúas persoas do mesmo sexo quéiranse e gústense. O normal teria que ser aceptar a todo o mundo sexa cal sexa a súa identidade de xénero e orientación sexual. O meu obxectivo é o mesmo ca do anterior recurso: aceptación e tolerancia acerca da diversidade sexual e a orientación sexual, sexa cal sexa a súa identidade de xénero e sexo biolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario