Esta é a primeira entrada do meu novo blog. ¡Mantente ó día para ler máis entradas! Subscríbete a continuación para recibir notificacións cando publique novo contido.
A partir do que escoitei acerca de como iba a ser esta nova materia (Novas Tecnoloxías) no vindeiro cuatrimestre penso que será moi prometedora xa que os meus coñecementos relacionados cás teconoloxías son moi escasos.
Todo o mundo das TIC paréceme moi importante tanto para a vida do día a día coma para o traballo de docente que é no que me quero e me estou a formar. Relacionado con esta profesión pode axudarme a utilizar moitos recursos que empregarei para impartir as miñas clases ou para realizar algunha actividade coa que os nenos e nenas se divirtan aprendendo e poidan entender mellor o que estou a explicar.
Para o día a día esta materia poderá axudarme a realizar traballos moito máis vistosos e chamativos á hora de facer as distintas exposicións.
Como dixen antes, os meus coñecementos relacionados cás tecnoloxías son moi escasis, por este motivo. teño moito medo de non enterarme o que estamos a facer ou que me resulten moi complexas as actividades, pero, por outra parte, tamén estou moi entusiasmada polo que esta materia me pode ofrecer.
Con todo isto espero que este blog poda axudarvos e a que vivades esta experiencia igual de entusiasmado ca o estou eu. Un bico e vémonos na miña próxima entrada, ata pronto!