miércoles, 4 de marzo de 2020

Recursos Alba

Ola a todos e a todas, os meus compañeiros e mais eu buscamos diferentes recursos que teñen que ver co tema que estamos a tratar, a diversidade sexual.
Eu persoalmente busquei dous recursos, os cales son:

Xogo interactivo sobre a diversidade sexual 
Estará dirixido principalmente aos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, 10 e 11 anos. Consiste nun pequeño xogo onde o alumnado porá os seus coñecementos sobre o que saben acerca deste tema logo de ser tratado e explicado na clase polo docente. Os alumnos/as  deben prestar moita atención para saber responder as preguntas do xogo posteriormente. Este xogo conta con 6 preguntas tipo test con 3 respostas onde só una é correcta. O alumnado terá que ler a pregunta e contestar correctamente para obter a máxima puntuación.
O que se pretende con este xogo é que o alumnado posúa diversos coñecementos sobre este tema tan importante dentro da sociedade actual e que todos os nenos e nenas deben ter moi claro e sobre todo respétalo.
https://www.cerebriti.com/juegos-de-cine/diversidad-de-sexualidad-

Canción
Trátase da canción "Revolución sexual" de La casa azul no ano 2013, a cal será posta nas clases de 3º e 4º de Primaria, 8 e 9 anos tratando este tema tan importante do momento. Esta canción fala de liberarse das cousas que nos atan, xa sexan diversos problemas como a timidez ou a introversión e que desta forma poidamos abrirnos ó mundo afrontándoos. O obxectivo principal desta canción é que os nenos e nenas indaguen un pouco máis aló do que saben sobre este tema querendo lograr que o respeten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto final

Moi boas a todo o mundo, aquí tendes a derradeira entrada do blog que fai referencia ó noso Proxecto final no que recollemos todas e cada u...