Ola internautas! Benvidos un día máis ó noso blog, hoxe decidimos o noso proxecto educativo e cal será o tema a tratar co alumnado de todo o centro. Como proxecto decimos deseñar unha revista online xa que todos os alumnos e alumnas terán acceso a ela a través das tabletas das que dispón o centro, nela aparecerán todas as actividades realizadas nas aulas así como diversos materiais que axudarán a reforzar os seus coñecementos.
En consenso decidimos tratar o tema da diversidade sexual xa que é un tema de recente actualidade nas escolas, que ademáis resulta vital para o desenvolvemento do alumnado. Polo tanto é fundamental abordalo dende os primeiros anos de educación primaria xa que é cando comezan a decidir con que orientación sexual síntense máis identificados e identificadas á par que comezan a coñecer os seus corpos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario