Como obxectivos nesta materia plantéxome adquirir as destrezas básicas e elementais para dominar as os diversos recursos tecnolóxicos para facer o aprendizaxe moito mais ameno e entretido para o alumnado co fin de mantelo durante un período de tempo máis longo conectado ás clases.
Entre todas as posibilidades gustaríame adquirir moitas destrezas na pantalla dixital xa que dende o meu punto de vista ofrece unha infinidade de opcións e oportunidades de aprendizaxe en materias como matemáticas nas seccións de xeometría ou na asignatura de xeografía permite interactuar co media. Polo tanto penso que as TIC deben traballarse moito máis a fondo e perfeccionarse porque num futuro non moi lonxano serán o eixo fundamental entorno o que se construirá a educación do futuro, pero ten que ser unha axuda para educar non un substituto ós docentes nin ós libros porque demasiadas innovacións poden ocasionar problemas no aprendizaxe. En resumo, tentaremos mellorar e afondar no tema das TIC para ter certos coñecementos que nun futuro permítanme ser mellor docente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario